Porfinporfin… os seleccionados do 2011!
Por fin! Que pesadez, toda a tarde agardando polo Xurado. Se total, só eran 230 relatos…
Toda a tarde reunidos no Museo do Mar. E iso que xa os traian lidos e valorados! Seica a cousa estaba moi reñida, Eran todos moi bos! Pois aí vai a primeira selección. Mañá á noitiña darannos os premiados de cada categoría:
Relatos seleccionados CqC2011 Categoría Primaria
Relatos seleccionados CqC2011 Categoría Secundaria
Relatos seleccionados CqC2011 Categoría Bacharelato
Relatos seleccionados CqC2011 Categoría Público Xeral
Atentos os seleccionados. Mañá ou o mércores publicaremos os premiados, os elixidos entre os elixidos (5 de primaria, 5 de secundaria, 3 de bacharelato e 3 de público en xeral).
E parabéns para todos os que participáchedes. Non cabían todos!
E todos e todas ide reservando a tarde do sábado 3 de decembro. A cita é ás catro no Museo do Mar en Vigo. Entrega de premios e moitas sorpresas. Non o perdades! (Teñades premio ou non, pagará a pena!)
Novembro 29, 2011 ás 3:12 pm
ton un pouco disgustada xa que non fun nunca seleccionada :_( bueno espero que gane o mellor saudos
Novembro 29, 2011 ás 11:32 pm
Non tes que disgustarte. A todos nos gusta gañar, pero a satisfacción do teu traballo e de telo feito o mellor que puideches debe ser suficiente. De verdade. Ánimo, que para nós ti es a gañadora!
Novembro 29, 2011 ás 6:31 pm
Es a primeira vez y me gustaria ganar nunca gano ningun concurso
Novembro 29, 2011 ás 6:35 pm
espero que ganes nunca ganas na que pena eso molestaria un monton bueno aber si ganas
Novembro 29, 2011 ás 11:33 pm
Xa estás aí, é un primeiro paso. Pero o mellor foi o esforzo que fixeches e a satisfacción de ntelo escrito.
Novembro 29, 2011 ás 9:15 pm
É o primeiro ano que participo e estou moi disgustado
Novembro 29, 2011 ás 11:35 pm
Non tes por que!!! O máis bonito é que conseguiras facelo! E o fixeches. Para nós, gañaches o primeiro premio.
Novembro 30, 2011 ás 7:55 am
pois haber se saen de contado os premiados. Estou moi emocianada! moita sorte a tod@s
Novembro 30, 2011 ás 12:41 am
Grazas por seleccionar de novo un dos meus relatos. É moi gratificante
Novembro 30, 2011 ás 9:29 am
Cando puiblicades os relatos gañadores?
Novembro 30, 2011 ás 12:43 pm
que emoción!!! a espera dos premiados…..