3 de decembro: “Ciencia que Conta 2011″ no Museo do Mar

Publicado en Info o Decembro 5, 2011 por cienciaqueconta

O sábado 3 de decembro celebramos no Museo do Mar en Alcabre (Vigo) o acto de entrega dos premios do 4º concurso de relatos curtos “Ciencia que Conta 2011″ A lectura da acta do xurado tivo lugar durante a emisión en directo do programa da Radio Galega “Efervesciencia” que dirixe Manuel Vicente.

Do primeiro premio de cada categoría fíxose unha lectura dramatizada que podes escoitar premendo aquí.

E algunhas imaxes do acto e dos premiados…

CqC2011 Primaria

CqC2011 Secundaria

CqC2011 Bacharelato

CqC2011 Café Científico

Público


Acta do Xurado do 4º Concurso de Relatos “Ciencia que conta 2011”

Publicado en Info o Decembro 5, 2011 por cienciaqueconta

Reunido na cidade de Vigo o día 28 de novembro de 2011, o xurado do 4º Concurso de Relatos “Ciencia que conta”, de acordo coas bases da convocatoria e logo de examinar os traballos presentados e ter as deliberacións oportunas emite o seguinte fallo:


  • Categoría Alumnado de Educación Primaria

Outórganse 2 Accésits aos relatos:

1.-“  Teño un furado na man !  ”

Autora: Irene González López

Centro: C.E.I.P. Escultor Acuña, Vigo

2.- “  As Natilllas e a Xeosfera  ”

Autor:  Luis Sampedro Moix

Centro: Asociación Escola Rosalía de Castro, Vigo

Outórgase o Terceiro Premio ao relato titulado:

“   A variña máxica   ”

Autor: Solomon Durán Abollo

Centro: CEP Dr. Fléming, Vigo

Outórgase o Segundo Premio ao relato titulado:

“    O xeado inalcanzable    ”

Autor: Martín Fernández Foley

Centro: C.E.I.P. Escultor Acuña, Vigo

Pola magnífica integración dun relato de carácter científico nunha estrutura de conto infantil clásico e polo rigor no tratamento dos conceptos científicos, outórgase o Primeiro Premio ao relato titulado

“  Epstein-Barr  chega a Galiza”

Autor: Sara Álvarez Martín

Centro: CEP Altamira, Salceda de Caselas

  • Categoría Alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria

Outórganse 2 Accésits aos relatos:

 

1.-“  A Curie atómica ”

Autor: Irene Chaves Varela

Centro: IES Arcebispo Xelmirez I, Santiago de Compostela

2.- “ Fisión na memoria  ”

Autor: Beatriz Adán Barrientos

Centro: IES de Ames, Ames A Coruña

Outórgase o Terceiro Premio ao relato titulado:

“  Penicilium ”

Autor: Laura Montoya Armisén

Centro: Colexio La Salle Santiago, Santiago

Outórgase o Segundo Premio ao relato titulado:

“   A margarida que estaba detrás da fiestra   ”

Autora: Ana Moure Rosende

Centro:  Colexio La Salle Santiago, Santiago

 

Pola riqueza expresiva, a eficaz utilización de termos científicos e a forza poética ao longo da narración. Por ilustrar como a partir dun feito fortuíto e unha atenta observación pode xurdir a ciencia, outórgase o Primeiro Premio ao relato titulado:

“   Amizade CONciencia    ”

Autor: Ignacio Mañá Mesas

Centro: IES EUROPA, Ponferrada, León.

  •  Categoría Alumnado de Bacharelato e Ciclos FP

 

Outórgase o Terceiro Premio ao relato titulado:

“   A Mosca    ”

Autor: María Elena López González

Centro: IES Xograr Alfonso Gómez, Sarria Lugo

Outórgase o Segundo Premio ao relato titulado:

“   Manhattan   ”

Autor: Alberto Ben Lago

Centro: I.E.S. Rosais 2 (Vigo)

Por lograr transmitir de forma orixinal os valores de traballo, tenacidade e esforzo como piares do avance científico. Por conseguir fusionar diversos campos da ciencia con ritmo trepidante mesturando misterio, nostalxia e suspense, outórgase o Primeiro Premio ao relato titulado:

“  Sara  ”

Autor: Breixo Xesús Álvarez Domínguez

Centro: IES Valmiñor (Nigrán)

  • Categoría Público en Xeral

Outórgase o Terceiro Premio ao relato titulado:

“  Lise e Otto   ”

Autor: Constantino Armesto

 

Outórgase o Segundo Premio ao relato titulado:

“  Outono en Constantinopla   ”

Autor: Carlos Balado Sáez de Viteri

Pola súa calidade literaria, así como a erudición e orixinalidade á hora de novelar unha biografía. Pola verosimilitude na construción dunha historia que podería ter sido común a outras moitas científicas, outórgase o Primeiro Premio ao relato titulado:

“  A bruxa de Agnesi ”

Autor: Xosé Alfredo Naz Fernández

 

O Xurado:

Betty León, Casto Rivadulla, Pablo Carrera, Paulo Cabral e Iolanda P. Zúñiga

Programa “Efervesciencia”, entrega de premios de Ciencia que Conta 2011

Publicado en Info o Decembro 4, 2011 por cienciaqueconta

“Ciencia que conta” dá a man á literatura, Faro de Vigo

Publicado en Info o Decembro 4, 2011 por cienciaqueconta

Ciencia que conta en Faro de Vigo do domingo 4 de decembro de 2011.

O sábado 3 ás 16 horas no Museo do Mar

Publicado en Info o Decembro 2, 2011 por cienciaqueconta

Sábado 3 de decembro ás 16 horas é a cita: Museo do Mar de Galiza en Alcabre, Vigo. Moi puntuais!  Teremos a retransmisión en directo do programa da Radio Galega Efervesciencia, dirixido por Manuel Vicente.

E logo, un Café-Teatro Científico, polo grupo NEUROcom!

E claro, a lectura da Acta polo noso insigne Xurado (queres coñecelo?) e a entrega de premios.

 

ACTO ENTREGA PREMIOS 4º CONCURSO “CIENCIA QUE CONTA 2011″

Día:       3 de decembro de 2011

Lugar:  Museo do Mar de Galiza, Avda. Atlántida 160, Vigo

16:00 Apertura do Acto
16:05 Programa “Efervesciencia”de Radio Galega dirixido por Manuel Vicente.

Emisión en directo.

Lectura Acta do Xurado Concurso “Ciencia que Conta 2011”.

 

17:00 Entrega premios.

 

Café-Teatro Científico, polo grupo NEUROcom

 

18:30 Remate

E os premiados e premiadas son…

Publicado en Info o Novembro 30, 2011 por cienciaqueconta

E aquí están! Eis os relatos gañadores en cada categoría:

Relatos PREMIADOS Categoría Educación Primaria (5)

Relatos PREMIADOS Categoría Educación Secundaria (5)

Relatos PREMIADOS Categoría Bacharelato e  Ciclos de FP (3)

Relatos PREMIADOS Categoría Público Xeral (3)

Os premiados aparecen ordenados alfabeticamente polo nome do autor ou autora.

A lectura da Acta do Xurado e a entrega de premios terá lugar o vindeiro sábado 3 de decembro a partir das 16 horas no Museo do Mar de Galiza en Alcabre (Vigo).

É moi importante que confirmedes ao correo electrónico: cienciaqueconta@uvigo.es a vosa asistencia antes do xoves 1 de decembro.

Parabéns aos premiados e ás premiadas!

E parabéns tamén a todos os seleccionados e a todos os que escríbichedes un relato. Aí gañamos todos e todas!

Ah! E aquí van os relatos seleccionados (40) que se publicarán no libro Ciencia que conta 2011 nuns meses. Parabéns!

Relatos a publicar de Primaria

Relatos a publicar de Secundaria

Relatos a publicar de Bacharelato e  Ciclos de FP

Relatos a publicar de Público Xeral

Porfinporfin… os seleccionados do 2011!

Publicado en Info o Novembro 28, 2011 por cienciaqueconta

Por fin! Que pesadez, toda a tarde agardando polo Xurado. Se total, só eran 230 relatos…

Toda a tarde reunidos no Museo do Mar. E iso que xa os traian lidos e valorados! Seica a cousa estaba moi reñida, Eran todos moi bos! Pois aí vai a primeira selección. Mañá á noitiña darannos os premiados de cada categoría:

Relatos seleccionados CqC2011 Categoría Primaria

Relatos seleccionados CqC2011 Categoría Secundaria

Relatos seleccionados CqC2011 Categoría Bacharelato

Relatos seleccionados CqC2011 Categoría Público Xeral

Atentos os seleccionados. Mañá ou o mércores publicaremos os premiados, os elixidos entre os elixidos (5 de primaria, 5 de secundaria, 3 de bacharelato e 3 de público en xeral).

E parabéns para todos os que participáchedes. Non cabían todos!

E todos e todas ide reservando a tarde do sábado 3 de decembro. A cita é ás catro no Museo do Mar en Vigo. Entrega de premios e moitas sorpresas. Non o perdades! (Teñades premio ou non, pagará a pena!)

Olloollo!

Publicado en Info o Novembro 21, 2011 por cienciaqueconta

A cousa está que ferve!!!!!!!!!!!

Xa entramos na recta final!

230 relatos recibidos! Parabéns a todos os escritores e escritoras! Seguro que o esforzo xa de seu vos pagou a pena. E se agora o voso relato fose seleccionado… E se logo fose premiado…

Ao xurado sáelle fume polas orellas! As máquinas de ler non paran! Necesitan uns diíñas máis. Haiche moito material!!!!!!

Se non hai novidade, o luns 28 de novembro á noitiña publicaremos aquí os relatos seleccionados. Hai que agardar un chisco… máis!

E a entrega de premios será o sábado 3 de decembro ás 16 horas no Museo do Mar de Vigo. Un bonito acto con moitas sorpresas que vos agardan… Entrada libre para todos os participantes. Pagará a pena!

Estade todos e todas moi moi atentos!!!

Grazas a todos e todas!

Publicado en Info o Novembro 10, 2011 por cienciaqueconta

Grazas amigos e amigas da ciencia e da literatura, do COÑECEMENTO. Éxito de participación!!!!

E paciencia. Nestas últimas horas estamos a ter unha avalancha de relatos, polo que pode demorarse un chisco a confirmación de recepción que tedes que recibir. Non é un  proceso automático! Así que tede unhas horas de paciencia e non o enviedes varias veces, pois isto demora ainda máis o proceso.

Entre venres e sábado todos deberiades ter resposta, pero agardade antes de enviar novos correos.

E de novo moitas grazas pola vosa participación! Gañamos todos e todas!

Xa enviaches o teu relato?

Publicado en Info o Novembro 4, 2011 por cienciaqueconta

Veña! Que se acaba o tempo… Non sexas tímido, nugallán ou indiferente! Haste arrepentir se non terminas e envías esa historia que levas dentro. É moi doado enviala:

- Escribe un correo electrónico a: cienciaqueconta@uvigo.es

- No correo indica:

  • o título do relato e un pseudónimo
  • datos persoais do autor ou autora: nome e apelidos, data de nacemento, estudos que cursa, enderezo e teléfono
  • datos do centro de ensino (nome, enderezo e teléfono), de ser o caso
  • nun arquivo adxunto irá o relato, encabezado polo título e o pseudónimo, sen datos persoais.

Enviarémosche de volta un correo electrónico confirmando a recepción do relato.

Lembra que tes até o 10 de novembro! Non o deixes pasar!

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.